PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022 PARA 2º CICLO E. INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO
Achegamos información referente aos procedementos de admisión e matrÃcula nos centros públicos e concertados da comunidade autónoma de Galicia para: Segundo ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. No noso caso aféctanos únicamente as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria. Atoparala tamén no portal da xunta https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
NORMATIVA REGULADORA
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro, que regula a admisión do alumnado.
- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
- Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do12 de marzo de 2013 de desenvolvemento do procedemento.
GARANTÃA DE PERMANENCIA
- Só se poderá presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, no caso de incumprilo, perderase a prioridade.
- Para cambiar de centro Edcativo, os pais, nais ou titores do alumnado poderán presentar unha solicitude de admisión noutro centro educativo, debendo remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro. O alumnado escolarizado nun centro SÓ PERDERà O DEREITO DE PERMANENCIA SE RESULTA ADMITIDO NO NOVO CENTRO.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitudes de admisión.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- A solicitude, mediante o impreso (ED550B), que podes descargar aquà (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849) ou se o prefires, facilitarase gratuitamente no Centro.
- DNI ou libro de familia que acredite a idade do alumno.
- Certificado de matrÃcula do curso actual 2020/2021.
- En caso de separación ou divorcio, a resolución xudicial correspondente.
CAL É A MIÑA ZONA ?
- Podes consultala en escolas.vigo.org seleccionando a zona de Infantil e Primaria ou no seu caso a zona de ESO, e introducindo o teu enderezo ou lugar de traballo.
PUNTUACIÓN COMPLEMENTARIA DO CENTRO
- O criterio complementario establecido polo noso Centro cunha puntuación de 1 punto, será ter nai, pai, titora ou titor antigo alumno dalgún centro da Congregación Salesiana.
Consulta o Calendario de Admisión.