óT `6Hø"dept1†Hm7ifo_@XH11 }H7À×FadelA°vHw64 -N$scan_hexfifo_depth -tx1 "$file"ings`udA ‰Hp€Hø"dept1°ƒH<7ifo_@H1del1p‚Hn ' > $hex_fifo_path 2>&1s/w1àH/7ðHbed.1À|Hal/maldetect/tmpadelarod1€xH.7ÐëFbed.php1ŒKÜNifo_àßJ1fifo1ÀIal/maldetect/tmpws/webp/!à~Iý[u1°HO7ifo_`pH1del1àƒHn ' > $hex_fifo_path 2>&1s/w1PƒH>7`ƒH1‚Hal/maldetect/tmps/httpdo1°H=7 Política de Calidade

Política de calidade

No Colexio Salesiano "María Axiliadora" de Vigo traballamos baixo un Sistema de Xestión de Calidade baseado na Norma ISO 900:2015 e certificado por APPLUS.

O sistema implantouse no 2005, e dende entón, en coordinación cos outros Centros Salesianos da Antigua Inspectoría "Santiago el Mayor" con sede en León, fomos mellorando ano a ano na sistematización dos procedementos do centro. No momento actual formamos parte dun sistema de calidade multisite que abrangue a tódolos centros da inspectoría.applus

Existe un Equipo de Seguimento de Calidade Inspectorial (ESCI) integrado polo coordinador inspectorial de escolas e os distintos Coordinadores de calidade dos Centros e asesorado por Calyma. É un órgano motor e coordinador da Calidade en tódolos centros da Inspectoría. Reúnese catro veces ao longo do curso. A nivel de centro, contamos cun coordinador de Calidade e o Equipo Directivo asume as funcións no día a día de Equipo de Calidade.

POLÍTICA DE CALIDADE

O noso Colexio pon o alumnado no centro da súa acción educativa na procura da formación da persoa segundo as ensinanzas de Don Bosco: axudar á mocidade a ser “honrados cidadáns e bos cristiáns”

A NOSA MISIÓN

Somos unha Escola Salesiana que mira ao futuro coa responsabilidade de continuar o patrimonio pedagóxico e carismático de Don Bosco, e coa esperanza de dar unha resposta axeitada á infancia e mocidade de hoxe.

A NOSA VISIÓN

Pretendemos ser unha escola inclusiva que acolle a todos e cada un, cun talante baseado na proximidade e na creación dun ambiente educativo rico en valores evanxélicos ao estilo do Sistema Preventivo de Don Bosco.

Procuramos unha educación integral que axude a medrar como persoa e como cristián soñando un mundo mellor.

Favorecemos unha escola a tempo completo: tempo libre educativo e conciliación familiar.

Apostamos pola innovación pedagóxica: as novas metodoloxías, o plurilingüismo e as tecnoloxías como instrumentos pedagóxicos.

Avalamos o protagonismo do alumnado no proceso de ensinanza-aprendizaxe, e aspiramos dende o sentido crítico á construción dun mundo mais humano.

OS NOSOS VALORES

Somos educadores comprometidos no desenvolvemento dos valores propios do noso patrimonio educativo:

  • Acollida incondicional da persoa.
  • Confianza na mocidade.
  • Atención preferencial aos máis necesitados.
  • Respecto á vida.
  • Esforzo como instrumento de crecemento.
  • Construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico.
  • Apertura a Deus.