No centro ofertamos dúas liñas de Educación Primaria, de 1º a 6º, cun total de 300 prazas. En sintonÃa co resto das etapas...
En Educación Primaria potenciamos:
- O emprego das novas tecnoloxÃas como medio importante no proceso de maduración e aprendizaxe. Deste xeito, todas as aulas dispoñen de pantalla dixital, canón e ordenador con conexión a Internet.
- A aprendizaxe de idiomas: todos os cursos de Primaria contan con sesións semanais de conversa en inglés cun nativo. Ademais somos un colexio Plurilingüe que ten materias impartidas integramente en inglés.
- A innovación educativa: consideramos esencial que o alumnado aprenda a traballar en equipo, por iso introducimos na nosa metodoloxÃa estruturas de aprendizaxe cooperativa e aprendizaxe por proxectos.
- O coñecemento do contorno: Realizando ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS e SAÃDAS CULTURAIS dentro da xornada escolar e ao longo do curso formando parte do Proxecto Educativo Pastoral do Centro e da nosa Programación Xeral Anual.
- A formación da autonomÃa e da responsabilidade preparándoos cara á etapa da ESO e cunha actividade de final de etapa no mes de Xuño na estación de Cabeza de Manzaneda.
- O crecemento gradual da persoa coa realización de programas como Yo Soy Yo en colaboración coa asociación Érguete.
- A educación no tempo libre, potenciando as actividades de Abertal, Cativos e Andaina
- A relación educativa persoal que recoñece o carácter único e a historia singular de cada rapaz ou rapaza.
- A confianza nos rapaces e rapazas que están no corazón do proxecto educativo salesiano e son os protagonistas do seu futuro.
- A construción dun mundo máis solidario, xusto e pacÃfico.
- Traballo como fonte de educación, de realización das persoas e de mellora
Cremos moi importante:
- A relación familia-escola. Empregando as entrevistas persoais, o correo electrónico e a Plataforma Educamos. Os momentos de celebración especial, como o magosto, o entroido, o Nadal, Xoán Bosco e MarÃa Auxiliadora son ocasións para encontrarnos dun xeito máis espontáneo.
- A integración do alumnado. Son prioritarios os alumnos novos e os alumnos con necesidades educativas especiais. Para iso adicamos todos os recursos humanos e técnicos dispoñibles para acadar tal fin.
- O criterio "preventivo", que leva os educadores a convivir, facerse presentes e ofertar elementos de maduración aos nenos e adolescentes.
- O ambiente educativo: espÃrito de familia, o clima de ledicia, a invitación á creatividade e á espontaneidade, a razón, a amabilidade e a presenza animadora entre os mozos e mozas.
- Ser unha escola popular, polo clima educativo que crea.
- Ser unha escola libre e aberta.
- Ser unha escola de tempo completo, que alterna o traballo e máis o estudo, con diversa e distintas actividades.
- Ser unha escola na que os educadores están dispostos a acompañar os alumnos nas súas actividades formativas.
- Ser unha escola evanxelizada e evanxelizadora.